Proxecto Esponxa de Menger (IMATXINA)


Como en anos anteriores o noso Colexio participa en diversas actividades relacionadas co mundo das Matemáticas. Este ano, entre outras actividades, colaboramos na construcción dun obxeto matemático chamado Esponxa de Menger.

Obxetivos da Actividade:

  • Coñecer 8 dos 12 posibles desenvolvementos planos do cubo, e 4 dun prisma.
  • Potenciar a creatividade e a habilidade para a construción dos distintos niveis.
  • Facer ver a importancia do traballo en equipo para chegar os distintos niveis da Esponxa de Menger entre alumnos e centros para conquerir un proxecto común.
  • Introducir o concepto de fractal
  • Desenvolver un traballo interdisciplinar
O que pretendemos é, xunto con outros colexios e dentro das actividades da Semana Matemática 2014, construir unha esponxa de nivel 4 empregando cartulina.
Para conseguilo precisamos a colaboración dos nenos do centro (5º e 6º de primaria e ESO), así coma a das familias que se interesen en participar.


Por tanto, animámolo a acudir ao centro o vindeiro  martes  18 de febrero de 18:00 a 19:00 h   para, xunto cos nenos e profesores, montar as pezas que finalmente darán lugar a esponxa que se exporá en Vigo na Fundación Barrié a partir do 14 de Marzo.



ESPONXA DE MENGER NIVEL 1
ESPONXA DE MENGER NIVEL 2