CRITERIOS DE RECUPERACIÓN

Contidos esixibles:
Os mínimos da materia xa citados en puntos anteriores.

Programa de reforzo para a recuperación das materias pendentes de cursos anteriores
O departamento fará un seguimento específico dos alumnos que estean nesta situación, encargándolles deberes da materia pendente, prestando especial atención as súas dúbidas e tendo un especial coidado en que faga os deberes asignados. Prepararanse unha serie de materiais específicos cos que o alumno poda acadar os contidos mínimos esixidos na materia e que o alumno/a deberá presentar nos prazos asignados polo docente.

Actividades de avaliación
A alumnado poderá examinarse dos contidos mínimos en decembro (ao remate da 1ª Avaliación), e nas convocatorias extraordinarias de maio e setembro. Entenderase que o/a alumno/a supera a materia cando obteña una nota igual o superior a 5 en calquera destas convocatorias.

Á hora da avaliación, será moi significativo ter unha actitude positiva cara á materia con unha boa presentación dos traballos específicos referidos no apartado anterior. No caso dos alumnos con dificultades mais significativas, poderase modificarse a metodoloxía de aplicación xeral.

Criterios para superar as materias pendentes pola avaliación continua

Superando as dúas primeiras avaliacións dun curso quedarán superadas as matemáticas de cursos anteriores.

ShareThis