INSTRUMENTOS EVALUACIÓN

Nesta páxina dase puplicidade aos intrumentos de avaliación das asignaturas de Matemáticas e de Informática:

Instrumentos de Avaliación da Asignatura de Matemáticas para 1º-4º da ESO
  • Exame: O exame abrangue preguntas nas que unha parte corresponderán ós novos contidos, e as restantes ós dados en temas anteriores. Poderanse por preguntas relacionadas cos diferentes videos didácticos que se mostrarán o longo do curso. A puntuación de cada pregunta figurará no exame proporcionado ao alumno.
  • Caderno:Daráselle unha guía ou comezo de curso para que ao alumno vexa como ha de ser a estrutura do caderno. Para valoralo puntuarase 2 puntos pola presentación , 8 puntos por ter todos os exercicios feitos, corrixidos, correctamente numerados e ordenados. O caderno entregarase para a sua valoración nunha data concreta. se non se entregase descontaranse 2 puntos por cada día lectivo de retraso.
  • Deberes e traballos: Acadarase un positivo por cada día que se presenten os deberes e un negativo se non presentan. Se algún exercicio non se sabe facer haberá que traer copiado o enunciado e observar a intencionalidade de resolvelo. Os positivos e negativos por traballos poranse en función dá calidade dos mesmos e dá súa presentación. Se non se entregan anotaranse 3 negativos. Non admitiranse traballos fora de prazo salvo xustificación.
    • Puntuarase mediante a fórmula: 10·(nº positivos)/(nº positivos + nº negativos)
  • Traballo: Cada alumno contará con 10 positivos no trimestre, ademais poderá ter ata 5 positivos máis polo problema dá semana ou actitudes especialmente positivas na clase. Os negativos poranse en función da falta de traballo na aula.
    • Puntuarase mediante a fórmula: 10·(nº positivos)/(nº positivos + nº negativos)
  • Proxectos: proxecto colaborativo interdisciplinar no que o alumnado terá que presentar un producto final.Os criterios de evaluación se lle darán a coñecer ao alumnado ao principio do proxecto. A nota do proxecto fará media ponderada co resto de probas escritas realizadas durante o trimestre.

    ShareThis